Thursday 25 de April de 2024

Aberto o prazo de inscrición para as actividades no programa de conciliación Nadal Activo


As persoas interesadas en reservar praza, deberán facelo no Centro de Información á Muller (CIM) antes do 16 de decembro

O Concello de Boqueixón ten aberto o prazo de inscrición no programa Nadal Activo. Trátase dun espazo lúdico-educativo para a conciliación da vida laboral e familiar que se dirixe a escolares de Educación Infantil e Primaria do municipio.

As persoas interesadas en reservar a súa praza deberán facelo antes dos 16 de decembro no Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón, remitindo a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar na web municipal. As sesións desenvolveranse nas instalacións de O Forte os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. O horario de entrada é de 09.00 a 10.00 e o de saída, de 13.30 a 14.00 horas.

O custo da actividade é de 20 euros, mentres que a reserva por días soltos terá un prezo de 4 euros. Ofrécese un desconto dun 25% para o/a segundo/a fillo/a na mesma actividade, mentres que o/a terceiro/a fillo/a e sucesivos/as será de balde. Requírese un grupo mínimo para o desenvolvemento deste programa de conciliación da vida laboral e familiar.

Para máis información, pódese chamar ao CIM a través do teléfono 981 513 061 ou enviar un correo electrónico a cim@boqueixon.com.